Entidade Ofertante

Traballador/a social Centro de día. Lourenzá e Cospeito

Entidade Ofertante

EULEN
Descrición do posto:

EULEN Servizos Sociosanitarios atópase en procura dun/a Traballador/a Social para traballar en dous centros de día situados en Lourenzá e Cospeito.

Cales serán as túas principais funcións?

Participar na elaboración de programación de actividades e implementalas coas persoas usuarias, colaborar co equipo interdisciplinar nas valoracións e propostas dos plans de atención individualizados e en xeral en todas aquelas actividades que che poidan ser encomendadas e estean incluídas no exercicio da túa profesión e preparación técnica.

CONDICIÓNS:

Contrato eventual por cobertura de IT, desde o 20/08 ata o 30/09

Xornada Parcial de 20,5h semanais, distribuídas da seguinte forma:

Centro de día de Lourenzá: trabállanse 10,5 horas á semana, de luns a venres en horario de flexible de tarde, tres ou catro días á semana

Centro de día de Cospeito: trabállanse 10 horas á semana, de luns a venres en horario flexible de mañá, dous días á semana.

Salario segundo o convenio de residencias privadas de Galicia e proporcional á xornada realizada.

Buscamos diplomados/as ou graduados/as en Traballo Social, valorándose experiencia previa no posto, non necesaria, e que teñan dispoñibilidade horaria para traballar a xornada parcial de 20,5h semanais en horario de mañá e tarde, nos diferentes centros
Residencia en Cospeito, Lourenzá ou proximidades

Vehículo propio para desprazarse ata o centro de traballo

Dispoñibilidade de incorporación inmediata e para traballar ata o 30 de setembro

Se estás interesada/o manda un correo a empleonoroeste@eulen.com indicando no asunto: “Trabajador/a social Lourenzá y Cospeito”.

Tipo de emprego: Privado
Ir a oferta:
Localización:

Contacto