Entidade Ofertante
Entidade Ofertante
Aprobación das bases reguladoras do proceso selectivo para a funcionarización dunha praza de traballador/a social desempeñada por persoal laboral fixo do Concello de Carral
A Alcaldía do Concello de Carral, a través do decreto 121/2023 do 06 de marzo de 2023, unha vez advocadas as competencias delegadas na Xunta de Goberno Local, resolveu aprobar as bases reguladoras do proceso selectivo para a funcionarización dunha praza de traballador/a social desempeñada por persoal laboral fixo ao abeiro da disposición transitoria segunda do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (TRLEBEP) en execución da oferta
de emprego público ordinaria do ano 2022 publicada no BOP nº 185, do 28 de setembro de 2022.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
