O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) publica unha oferta de emprego para incorporar ao seu equipo a unha traballadora social. A oferta proposta é a substitución dunha persoa traballadora do COTSG, con incorporación a xornada completa a partir do mes de abril de 2023. Proponse combinar o traballo presencial na sede do Colexio, en Santiago de Compostela, co teletraballo.
A oferta oriéntase a persoas graduadas ou diplomadas en Traballo Social, con experiencia na xestión de proxectos e na coordinación de grupos de traballo. O dominio do galego, a nivel escrito e oral con nivel CELGA 4, é un requisito para o posto. Ademais, tamén se requiren coñecementos medios-altos de informática a nivel usuaria, así como competencias na comunicación ou na resolución do conflitos, entre outras.
As persoas interesadas poden enviar o seu CV e unha carta de presentación ao e-mail secretaria@traballosocial.gal indicando no asunto “Oferta de Traballo COTSG 2023”, ata o 31 de marzo de 2023.
As bases desta oferta de emprego pódense consultar aquí: OFERTA DE EMPREGO.