O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, busca un/unha traballador/a social con perfil profesional dinámico, con competencias dixitais, capacidade organizativa e traballo en equipo.
Imprescindible: titulación universitaria en Traballo Social e colexiación.
•Contrato temporal
•Salario: 2000-2500 €/brutos
•Xornada completa
•Dispoñibilidade de incorporación inmediata
Envía a túa candidatura a info@traballosocial.gal antes do día 11 de maio ás 23.59 , achegando un currículo e carta de presentación co asunto: “selección persoal COTSG”.
Na carta de presentación inclúe:
– A túa relación coa estrutura colexial.
– Se participas nas actividades do Cotsg: formación, grupos de traballo, asistencia a eventos…
Descarga aquí o consentimento para a recollida de datos do currículo que tes que enviar asinado.