Onte viviuse un día histórico no Congreso dos Deputados co rexistro da Proposición de Lei que iniciará a andaina para o recoñecemento oficial do Traballo Social Sanitario dentro da LOPS (Ley de Ordenación de las Profesiones Sanitarias).
As representantes do Consejo General del Trabajo Social (CGTS), a presidenta Emiliana Vicente e a secretaria Raquel Millán, acompañaron ás deputadas e deputados de diversos grupos parlamentarios (Plurinacional Sumar, EH Bildu, GP Socialista, o GP Mixto —co BNG e Compromís— e o GP Republicano ERC) no momento de formalizar o rexistro desta iniciativa parlamentaria. Con esta foto conxunta escenifícase o amplo respaldo político e a forza dunha reivindicación histórica da nosa profesión.Desde a estrutura colexial valorase este paso como un avance fundamental para facer xustiza profesional e consolidar o papel clave do Traballo Social Sanitario como garante dunha atención integral, centrada na persoa e baseada nos determinantes sociais da saúde.
Este avance histórico de nivel estatal cadra cando en Galicia ultimamos os preparativos para o noso gran encontro. O vindeiro 23 de outubro de 2026, o Salón de Actos do Hospital Montecelo de Pontevedra acollerá a V Xornada Galega de Traballo Social e Saúde.
De feito, a programación da xornada inclúe unha mesa de debate adicada especificamente ao recoñecemento do Traballo Social como profesión sanitaria, un foro que agora cobra aínda maior transcendencia e actualidade tras o fito vivido onte no Congreso.
Participa e inscríbete
INSCRICIÓN

