O Traballo Social, necesario para unha regularización efectiva
Data: Febreiro 16, 2026

O Consello Xeral do Traballo Social  ven realizar unha serie de alegacións ao Real Decreto que regula o proceso extraordinario de regularización administrativa de persoas migrantes. No documento remitido ao Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións destaca a necesidade de que o proceso non sexa so burocrático senón que se poña no centro ás persoas, e se atendan as súas necesidades de xeito integral como vía para acadar a integración e cohesión social.

Solicitase tamén o reforzo do sistema de atención con máis recursos humanos e materiais, así como que as profesionais do Traballo Social  poidan representar a persoas estranxeiras  ao mesmo nivel que avogados e graduados sociais.

Nota de prensa completa