O Traballo Social Educativo reclama a perspectiva social na Educación, en especial a presenza de TS nos Equipos de Orientación Específicos
Data: Novembro 8, 2024

O pasado sábado día 26 de outubro celebrouse en Santiago a manifestación convocada pola plataforma de defensa do ensino público, reclamando recursos suficientes para garantir a calidade no sistema educativo galego.
Nesta marcha participou unha representación da Xunta de Goberno do COTSG e do grupo de TS educativo do COTSG, apoiando a reclamacións desta plataforma, e a vez demandando que se adopte unha perspectiva social no ensino de Galicia. O Traballo Social Educativo é fundamental para acadar unha educación que garanta a igualdade de oportunidades no acceso á Educación. Asi continuamos e fixemos presente a reclamación de que se doten as prazas de Traballo Social nas Equipas de Orientación Específicas Provinciais. A última das profesionais xubilouse no mes de agosto e dende o COTSG seguimos traballando para revertir esta situación, e garantir o dereito á atención á diversidade no sistema educativo galego.