Queridas compañeiras e compañeiros,
O sábado 26 de outubro ás 12:00 horas, a Plataforma en Defensa do Ensino Público convoca unha importante mobilización para esixir o fin dOs recortes en educación. Como traballadoras e traballadores sociais , temos a responsabilidade de alzar a nosa voz en apoio dun sistema educativo público, inclusivo e de calidade, fundamental para garantir a igualdade de oportunidades.
Desde o Colexio Oficial de Traballo Social , convidámosvos a acudir con nós a esta manifestación . O noso punto de encontro será ás 11:45 horas diante do Instituto Rosalía de Castro , en Santiago de Compostela, desde onde nos uniremos ao resto de colectivos.
A túa presenza é clave para seguir loitando polos dereitos sociais e recuperar a tención social e a nosa figura dentro dos centros escolares, xuntos/as podemos facer máis forte esta demanda por un ensino público que poña ás persoas non centro.
Contamos contigo!
Xuntas somos máis fortes!




