O Parlamento de Galicia aproba a lei de acompañamento dos orzamentos 2025
Data: Xaneiro 9, 2025

O Parlamento de Galicia, na sesión plenaria do día 17 de decembro de 2024 a Lei de medidas fiscais e administrativas. Esta lei conten importantes cambios lexislativos en materia social que afectan a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia e  do Decreto 246/2011, do 15 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, no relativo aos órganos consultivos e de participación . O texto aprobado conten a mesma regulación que a proposta, e so se incorporaron cambios relativos á mellora da redacción en algúns artigos.

As enmendas presentadas polo COTSG que pretendian garantir os intereses das persoas usuarias do SAAD, a través dunha adecuada regulación do sistema e do rol profesional  das traballadoras e traballadores sociais, non foron a incorporadas ó texto final.

Este texto entrara en vigor unha vez publicado no DOG.

Podedes ver o contido do mesmo neste enlace. O contido que afecta a normativa social esta na páxina 99 e seguintes.