O neno que domou o vento
Data: Decembro 27, 2024

O tema principal da película é a supervivencia. Retrata a fame negra e a falta de recursos en moitos países, algo que tristemente non deixa de ser de actualidade. Isto fai que se dean diferentes problemas nas familias e nas comunidades e, ante iso, a cinta retrata diferentes estilos de persoas: as que foxen, as que se enfrontan mediante a violencia e as que converten o problema nun reto, é dicir, aquelas que o abordan desde o enfoque en solucións