O Informe Social é a nosa ferramenta profesional
Data: Xaneiro 22, 2025

As/os profesionais de Traballo Social temos unha metodoloxía de intervención propia e uns intrumentos específicos como o informe social. O Código Deontolóxico de Traballo Social recolle a exclusividade desta ferramenta: “Ditame técnico que serve de instrumento documental que elabora e firma con carácter exclusivo o profesional do traballo social. O seu contido derívase do estudo, a través da observación e a entrevista, onde queda reflectida en síntese a situación obxecto, valoración, un ditame técnico e unha proposta de intervención profesional.”

UNHA SOLICITUDE DE DEPENDENCIA E/OU DISCAPACIDADE SEN INFORME SOCIAL, NON É UNHA INTERVENCIÓN SOCIAL

O informe social é un ditame profesional, que tamén serve para que a persoa usuaria poida acceder a servizos e prestacións. Ten unha gran transcendencia para os dereitos fundamentais das persoas, relacionada co seu benestar. A valoración social serve para facer e definir un plan de intervención. Ademáis de optimizar os recursos existentes.

Este documento forma parte dun expediente administrativo da persoa usuaria, que é obxecto dunha intervención social. Por todo isto, cando facemos unha solicitude para unha persoa usuaria, este documento, conleva unha gran responsabilidade. LEMBRA: Sempre debe ir asinado, e co número de colexiación (para garantizar que o informe é elaborado por unha persoa profesional de Traballo Social.

Polo tanto o COTSG recomenda que aqueles aspectos da solicitude de dependencia e/ou discapacidade tales como: Valorar a vivenda e a súa contorna, debe ser unha valoración técnica que se valora no informe social, de tal xeito que cando sexan estes datos cubertos na solicitude, será un acto administrativo do que será exclusivamente responsable a persoa solicitante, o non contar coa valoración técnica da/do profesional de Traballo Social.

Ir ao documento O INFORME SOCIAL É A NOSA FERRAMENTA DE TRABALLO