O COTSG vén de reunirse coa Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Data: Abril 27, 2024

Na mañá de hoxe o COTSG reuniuse coa Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para trasladarlle a análise do sistema de protección de menores en Galicia elaborada pola Comisión de Familia e infancia. Nesta reunión trasladáronse tanto as debilidades como as fortalezas deste sistema así como diferentes propostas de mellora que pasan polo reforzo dos equipos e das infraestruturas e espazos de intervención así como unha maior coordinación entre sistemas.