O COTSG vén de presentar un recurso potestativo de reposición fronte o concurso-oposición do Sergas
Data: Abril 27, 2024

O Colexio de Traballo Social de Galicia vén de formular un recurso potestativo de resposición fronte a Resolución do 18 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de Traballador/a Social dentro de sistema de saúde galego.

Os motivos son os seguintes:

1.-A Administración Pública debe tender a promover procesos selectivos onde se reserven un número superior de prazas para a quenda de acceso libre que para a quenda de promoción interna, ao resultar este o sistema ordinario de acceso á función pública e respectar en maior medida os principios que inspiran o acceso ao emprego público.
A promoción interna é un mecanismo válido que a Administración debe en todo caso facilitar, pero sen que en ningún caso substitúa, desprace ou prexudique o acceso libre, que é o sistema ordinario de acceso á función pública.
2.- A reserva de prazas da quenda para persoas con discapacidade debe ser computada no global das prazas convocadas e non só nas da quenda de acceso libre.
3.- Resulta contrario a dereito incluir as puntuacións asignadas a maiores polos servizos prestados durante o Estado de Alarma na experiencia profesional, xa que prexudica directamente ás persoas aspirantes que obteñan a puntuación máxima neste mérito.