O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia súmase ás reivindicacións da ‘Plataforma Grupo A’, da que forma parte o Consejo General del Trabajo Social. Dita plataforma intégrana colexios profesionais e sindicatos que representan a profesionais de ámbitos como a sanidade, a educación, o traballo social ou a enxeñería técnica.
Esta plataforma reclama a supresión dos subgrupos no Grupo A da administración pública e a creación dun grupo único. Actualmente existe dunha banda un subgrupo A1, que integran as antigas titulacións universitarias de licenciado/a, arquitecto/a e enxeñeiro/a. Doutra banda, estaría o subgrupo A2, que inclúe ás antigas diplomaturas (como o Traballo Social), arquitecturas técnicas e enxeñerías técnicas.
A plataforma critica que esta clasificación manteña unha división que xa non existe na educación española, tras a supresión do estudos de licenciatura e diplomatura e a implantación do título de grao. Para a plataforma, isto supón un “teito de cristal” ao desenvolvemento profesional destes colectivos, que non poderían optar a postos de xestión e responsabilidade no ámbito público.
Podes ler aquí a nota de prensa do lanzamento da plataforma.