📢 O COTSG solicitou unha reunión urxente coa Consellería de Política Social e Igualdade para abordar dúas cuestións de máxima prioridade:
👩⚕️O reforzo inmediato do sistema de protección á infancia e adolescencia en Galicia.
🏠A situación das infancias e adolescencias migrantes e a necesidade de medidas eficaces e coordinadas.
🤝 Demandamos unha resposta áxil e conxunta que garanta sempre o interese superior das/os menores.
#TraballoSocial #Infancia #Adolescencia #DereitosHumanos #COTSG

