O COTSG denuncia as funcións descritas na resolución pola que se pon en marcha a Rede Galega de Acompañamento e Orientación persoal e Familiar de Galicia.
Data: Abril 25, 2024

Logo da publicación da Resolución do 14 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se crea, con carácter experimental, a Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia no marco do Plan Recupera, o COTSG reivindica que tanto polos coñecementos e competencia  que debe posuír a figura responsable da dinamización das  Unidades de Acompañamento e Orientación persoal e familiar (UACO), como polas propias funcións a desenvolver expostas nesta Resolución, debería esta Administración ter coñecemento de que son exactamente competencias definidas e recollidas na disciplina académica do Traballo social e dos Equipos interdisciplinares vencelladas ao sistema de servizos sociais.

  • Esta resolución indica que debe ser o persoal docente o encargado de facer seguimento individualizado do alumnado mais vulnerables educativamente e colaborar coas súas familias e a súa contorna, ademais de actuar como canle de comunicación directa entre centros educativos, familias, administracións e outras entidades, tendo en conta a singularidade do alumnado das zonas rurais.
  • O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia considera que tanto polos coñecementos e competencia que debe posuír a figura responsable da dinamización das UACO, como polas propias funcións a desenvolver expostas nesta Resolución do 14 de xuño de 2021, debería esta Administración ter coñecemento de que son exactamente competencias definidas e recollidas na disciplina académica do Traballo social e dos Equipos interdisciplinares vencelladas ao sistema de servizos sociais. Todo o anterior fomenta dunga maneira clara o intrusismo laboral.
  • O COTSG recorda o perigo de que persoal sen cualificación ao respecto traballe con colectivos vulnerables. Por este motivo, solicita a esta Administración a modificación desta Resolución establecendo as categorías profesionais propias da intervención social, garantindo unha real coordinación entre as distintas áreas de intervención (sanidade, sanidade, Servizos sociais, etc.). Deste xeito, haberá garantía dunha inclusión social educativa profesionalizada e interdisciplinar para prestar efectivamente servizos públicos de calidade para ao alumnado, familia e toda a cidadanía, amosando así mesmo a total colaboración deste Colexio Profesional para calquera información, asesoramento ou consulta que sexa precisa.

Podes acceder a resolución aquí