O COTSG reúnese cos representantes de xubilados e pensionistas da CIG
Data: Novembro 24, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) mantivo esta semana unha reunión cos representantes da sección de xubilados e pensionistas da CIG. Representando ao COTSG asistiron o coordinador, David Gontán, e a responsable dos grupos de traballo, María Olivares, mentres que en representación da CIG acudiron Susana Méndez, Pepe Souto, Xepe Torres, Xan Losada e Xose Sánchez.

Durante a xuntanza abordouse a situación do sistema de dependencia, co obxectivo de poñer en común as liñas de traballo de ambas entidades. Neste sentido, o COTSG deu conta da situación actual do Traballo Social comunitario e da campaña “Mais Servizos e Menos Bonos”, lanzada polo colexio profesional esta semana. Ademais, os representantes do colexio entregáronlles un exemplar do “Modelo do Sistema Público de Servizos Sociais que defende o Traballo Social”.

Os representantes da CIG informaron de distintas campañas que teñen en marcha, que comparten a liñas de traballo do COTSG, como a defensa duns servizos públicos de calidade e a loita por un sistema de dependencia.