O COTSG reúnese coa Dirección Xeral de Inclusión
Data: Marzo 29, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia reúnese coa Dirección Xeral de Inclusión social para trasladarlle as propostas iniciais traballadas en conxunto cos Grupos de Traballo Social e Servizos Sociais máis o Grupo de Traballo de Inclusión Social, en canto á inminente reforma da Lei de inclusión.

O documento elaborado polos grupos de traballo participantes foi un elemento clave para unha primeira aproximación,  co obxectivo de promover esta adaptación dende a perspectiva do Traballo Social, asentada en 6 eixos estratéxicos:

  • Defensa dun sistema de Servizos Sociais públicos
  • Necesidade da dotación e reforzo dos equipos de SS.SS. Comunitarios Básicos e específicos, con mecanismos de coordinación axeitados coas entidades do terceiro sector, definindo o seu papel neste ámbito.
  • Necesidade de reforzar e ampliar competencias dos equipos de inclusión desde o Sistema Público de SS.SS., engadindo sempre o perfil de traballo social.
  • Canles de compatibilización RISGA – IMV (e outras prestacións), itinerarios personalizados de inserción e ampliación de cobertura da RISGA.
  • Cauces efectivos de coordinación e participación dos diferentes Sistemas de Protección (SS.SS., emprego, vivienda, educación, sanidade…) para garantir transversalidade e permitir a inclusión plena.
  • Axilizar tramitación e reducir prazos.