O COTSG reúnese coa Dirección Xeral de Emerxencias para impulsar un grupo de intervención social en emerxencias e catástrofes
Data: Maio 7, 2024
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) reuniuse hoxe en Santiago de Compostela coa Dirección Xeral de Emerxencias, co obxectivo de incrementar a colaboración entre ambas entidades. En representación do COTSG acudiron Antonio Doval, membro da Xunta de Goberno, e David Gontán, coordinador, que se reuniron con Santiago Villanueva, director xeral de Emerxencias, e Jose Antonio Grandas, subdirector de Emerxencias.
Na xuntanza abordáronse as liñas de colaboración entre ambas entidades. Neste sentido, o COTSG trasladou a súa proposta de crear un grupo de intervención social para emerxencias e grandes catástrofes. Dende o COTSG, sinálase que esta reunión é unha primeira toma de contacto de cara á creación deste grupo, seguindo o exemplo doutras comunidades autónomas.