O COTSG reclama a titulación de Traballo Social nas prazas de EDUCACIÓN FAMILIAR
Data: Novembro 24, 2024

O COTSG presenta un Recurso Potestativo de Reposición ante as Bases específicas da Convocatoria e o Proceso de Estabibilización de persoal Laboral do Concello de Pobra do Caramiñal para a praza de Educadora/or famiilar por excluír a Titulación de acceso ao Traballo Social.

Argumentamos, mediante a normativa vixente, que o Traballo Social posúe os coñecementos precisos para o desempeño do posto, xa que as funcións do posto a desempeñar son congruentes cos coñecementos adquiridos no Traballo Social.