O COTSG publica o documental do seu 40º aniversario: Un percorrido pola colexiación do Traballo Social galego
Data: Xullo 16, 2024

Con motivo do seu 40º aniversario, o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia elaborou un documental sobre estas catro décadas de historia da colexiación galega. O documental, dividido en catro partes, estreouse na Gala de Traballo Social, que en marzo celebrou o aniversario do COTSG.

Dende esta semana, o COTSG publica na súa canle de YouTube as distintas partes do documental. Actualmente, está dispoñible en YouTube a primeira parte do documental, na que se recollen os inicios do COTSG, coas testemuñas das primeiras integrantes das Xuntas de Goberno, como Blanca Rodríguez, Felicitas Rodríguez e María del Carmen Viz. Podes ver esta primeira parte aquí.