O COTSG publica: “As propostas políticas do Traballo Social”
Data: Maio 1, 2024

Nas últimas semanas, o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia estivo a traballar nun documento de propostas políticas, no que se involucrou a colexiación a través dunha mesa de traballo.

O Traballo Social é unha profesión fortemente vinculada aos servizos públicos. Por iso, o seu desenvolvemento entronca coas políticas sociais que os partidos políticos poñen en marcha dende as administración públicas. Neste contexto, o COTSG aproveita a cita electoral, na que se decidirán os novos gobernos locais e provinciais, para trasladar estas propostas pensadas dende o Traballo Social.

Esta mesa tivo como resultado a elaboración dun documento de propostas políticas, que xa foi entregado aos distintos partidos políticos que concorren ás eleccións municipais deste domingo 28 de maio.Dende o Colexio, agradécese a participación das persoas colexiadas neste documento, así como a acollida deste documento por parte dos partidos políticos.

O documento está dispoñible neste link.