O COTSG pola eliminación da violencia contra das mulleres
Data: Decembro 10, 2024

O día internacional para a eliminación da violencia contra a Muller é un día sinalado na axenda do Traballo Social.

O COTSG conmemora coas mensaxes da súa Presidenta, Miriam Rodriguez, que destacou a necesidade de dar unha loita mais contundente contra a violencia contra das mulleres, a aspiración de acadar  a igualdade real, a través de recursos mais axeitados.

Pola súa parte, Sandra Lorenzo participante no grupo de traballo de Traballo Social e Feminismos chamou a rachar con todo tipo de opresión baseado na violencias patriarcal, colonial e racista, e recalca que o Traballo Social so pode ser feminista.

As dúas mantiveron unha charla con Rosa Cobo, profesora da UDC, e persoa con un importante currículo en estudios sobre feminismo e a situación das mulleres en distintos ámbitos. Esta muller referente feminista a nivel académico e social,  fixo fincapé no momento que esta a vivir o movemento feminista. as portas da cuarta ola, xa que é por primeira vez é un movemento global.  Destacou que os obxectivos operativos do movemento son fundamentalmente a loita contra da violencia sexual contra as mulleres e contra a feminización da pobreza a causa das políticas neoliberais.

Para escoitar as intervencións e a entrevista na súa totalidade, podedes ir aos vídeos  :

 

Miriam Rodríguez

Sandra Lorenzo

Rosa Cobo

Por outra banda o grupo de traballo de Traballo Social e saúde mental, quere destacar a vulnerabilidade engadida polo feito de ser mulleres que sofren as pacientes de saúde mental.

Mira o díptico