O COTSG pide incluír a figura do/a traballador/a social nas Comisións de garantía e avaliación da Lei Orgánica da Eutanasia
Data: Abril 27, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia solicitou á Xunta de Galicia que se teña en conta a figura do/a traballador/a social sanitario/a nas Comisións de garantía e avaliación recollidas na Lei Orgánica da Eutanasia. Igualmente, ofreceu unha total colaboración por parte desta entidade para calquera información, asesoramento ou consulta que sexa precisa.

  • A Lei Orgánica 3/2021, de 24 de marzo, de regulación da eutanasia recolle no seu Capítulo V a existencia dunha Comisión en cada unha das Comunidades Autónomas composta por un equipo multidisciplinar.
  • Debido á experiencia da profesión, o Colexio considera imprescindible contar coa figura do Traballo social Sanitario dentro da Comisión de Garantía galega. O Traballo Social sanitario conta cunha visión holística baseada nos dereitos humanos e na atención centrada na persoas, e cunha ampla experiencia na información e asesoramento.
  • O COTSG lembra que na decisión de acurtar a vida ou de decidir poñer fin á mesma cando se dan as circunstancias recollidas na lei existen aspectos sociais, morais, familiares, económicos e mesmo sanitarios nos que o/a Traballador/a Social Sanitaria pode contribuír, valorando axeitadamente as solicitudes de eutanasia e a asesorando, tendo en conta a complexidade social e sociosanitaria de cada caso, coa finalidade de garantir decisións que respondan da mellor forma posible ás necesidades e desexos obxectivables da persoa, acordes aos principios e valores éticos.
  • Lembra tamén que o traballo social sanitario xa esta presente en Galicia nos Comités de Ética Asistenciais das distintas áreas sanitarias. Está igualmente presente no Consello de Bioética de Galicia. Isto demostra unha ampla experiencia e formación no método deliberativo coa continua participación nos Comites de Ética de Servizos Sociais.