O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) colabora no proxecto de investigación-acción liderado polo Grupo de Investigación GI-1754 da Universidade de Santiago de Compostela (USC), realizado en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Este estudo forma parte das medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero 2023 e ten como obxectivo profundizar no coñecemento e análise das agresións sexuais múltiples cometidas contra as mulleres.
Este proxecto procura reflexionar sobre a violencia sexual e propoñer melloras na atención ás vítimas desde unha perspectiva de Xustiza Terapéutica, baseada na protección e na non revictimización das mulleres.
Os obxectivos do estudo inclúen:
- Coñecer as dinámicas das agresións sexuais cometidas en grupo.
- Analizar o perfil das mulleres vítimas e a súa victimización.
- Avaliar os medios de proba utilizados polos tribunais e o impacto no fallo xudicial.
- Propor medidas de protección e asistencia para evitar a revictimización e aplicar os principios da Xustiza Terapéutica.
- Identificar elementos para a creación de programas comunitarios de prevención.
Para acadar estes obxectivos, realizáronse dúas accións principais: un estudo empírico baseado en sentenzas xudiciais e unha xornada interdisciplinar de expertos e expertas que permitiu debater e consensuar medidas para a protección das vítimas e a prevención da violencia sexual.
A participación do COTSG neste proxecto é un paso máis na loita contra a violencia de xénero e no desenvolvemento de accións que favorezan a seguridade e o benestar das mulleres en Galicia.
Prema para ver o documento: agresiones_sexuales_multiples a mujeres