O COTSG organiza unha xornada informativa sobre dereitos laborais o 6 de febreiro
Data: Novembro 24, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia organiza unha sesión informativa o vindeiro martes 6 de febreiro, onde se tratarán temas en relación aos convenios laborais, a asociación sindical, os dereitos laborais e a organización colectiva, entre outros.

Durante a sesión, intervirán Julia Álvarez, avogada e asesora xurídica do COTSG, e dúas representantes sindicais da CIG, Marisol Fernández (Traballadora Social da UMAD), e María Xosé Santos, representante da CIG da administración local

A xornada desenvolverase en formato presencial, na sede do COTSG na rúa de Dublín 6 en Santiago de Compostela, e online, de 17.00 a 19.00. Para participar, cómpre inscribirse neste formulario.