O COTSG lamenta o silencio da Consellería de Educación ante o nomeamento da figura de coordinación de benestar social nos centros escolares.
Data: Maio 3, 2024
Autor: COTSG

O Colexio de Traballo Social de Galicia advirte que de designar a unha figura sen a formación suficiente para desempeñar estas labores de coordinación de benestar, estarase incorrendo na desprotección sistemática das crianzas e das e dos adolescentes nas escolas galegas.

Atender coa rigurosidade convinte ás crianzas e ás e os adolescentes nas diferentes necesidades sociais que se lles presentan e poder dotalas da protección social suficiente ante as diferentes violencias as que están expostas e expostas conleva dotar de intervencións sociais profesionalizadas e de calidade ás escolas e isto pasa por establecer perfís profesionais como o do Traballo Social, dado que conta cunha longa traxectoria intervindo nestas situacións.