O COTSG insta a Xunta a utilizar os mecanismos que eviten ás persoas preceptoras da RISGA asumir as consecuencias de fallos na xestión
Data: Abril 19, 2024
  • O Colexio Oficial de Traballo Social denuncia que o Goberno galego carga un problema derivado da súa xestión sobre o colectivo de persoas que perciben a RISGA e viron recoñecido o IMV, ao obrigar á devolución de cantidades inasumibles derivada da incompatibilidade de ambas as dúas prestacións.
  • A Xunta debeu buscar fórmulas de compatibilidade no tempo transcorrido dende a entrada en vigor do Ingreso Mínimo Vital.
  • A Lei 10/2013 de Inclusión Social de Galicia, desenvolta a través do Decreto 14/2019, contempla mecanismos para solucionar este tipo de situacións, como a compensación cando se recoñeza un novo dereito á renda de inclusión social ou mesmo a condonación en función das circunstancias concorrentes.
  • Esta decisión do Goberno galego evidencia unha ausencia de coordinación cos Servizos Sociais Comunitarios Básicos e específicos por parte da Xunta, que non trasladou adecuadamente a información sobre as modificacións e criterios a seguir.
  • Como profesionais  de referencia para o seguimento da RISGA, as e os traballadores sociais deben contar con información e coñecemento previo ante calquera cambio ou modificación para posibilitar un asesoramento adecuado ás persoas usuarias.