O COTSG insta a todas as administracións e entidades a que coiden ás e aos profesionais do Traballo Social ante o esgotamento profesional cada día máis evidente
Data: Abril 19, 2024
Autor: COTSG
  • O Síndrome de desgaste profesional, é ben coñecido polo colectivo profesional do Traballo Social. No COTSG rexistran unha demandan constante por parte das profesionais, ademais de observar que existe unha alta porcentaxe de baixas laborais por cadros de estrés e outras doenzas derivadas del, porque simplemente non aguantan máis. A pregunta é clara, como se chega a esta situación?
  • Esta escaseza de recursos humanos e de medios, así como a saturación das persoas técnicas debido ao incremento da carga de traballo na xestión e tramitación de prestacións e axudas, son factores que fan que os Servizos Sociais non prevexan os problemas e que deban actuar cando a crise ou a urxencia xa están expostas.