O COTSG demanda ao alcalde de Ourense a rectificación das súas declaracións públicas nas que menospreza ao Traballo Social
Data: Maio 19, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia vén de enviar ao Concello de Ourense un escrito no que solicita a rectificación inmediata das declaracións do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, sobre o colectivo profesional do Traballo Social. O rexedor ourensán publicara o pasado 30 de setembro unha serie de posts en redes sociais nos que menospreza á profesión e á labor diaria das compañeiras que a exercen no concello.

Podes ler o escrito enviado polo COTSG aquí.

Na imaxe, o post do alcalde de Ourense ao que se fai referencia.