O COTSG deixa X (twiter)
Data: Febreiro 23, 2025

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia abandona a rede social X

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia anuncia que, tras a decisión adoptada pola súa Xunta de Goberno, cesará a súa actividade na rede social X.

Esta medida responde á crecente presenza de contido tóxico e a tendencias que difunden mensaxes contrarias aos valores que defende a nosa profesión e do seu código deontolóxico. Como entidade comprometida cos dereitos sociais, a xustiza social e a ética profesional, consideramos que é fundamental garantir espazos dixitais  que fomenten un diálogo respectuoso e construtivo.

O COTSG continuará a súa labor de comunicación a través doutros medios e plataformas que permitan unha interacción máis segura, enriquecedora e acorde cos principios do traballo social.

Agradecemos a todas as persoas que seguiron a nosa actividade nesta rede social ata o de agora e convidámolas a manterse informadas a través das nosas canles oficiais.

Para calquera consulta ou suxestión, podedes contactar connosco a través da nosa páxina web, mail,  e resto de redes sociais.