O COTSG convoca 5 bolsas para asistir ás Xornadas de Servizos Sociais en contextos urbanos e rurais
Data: Novembro 25, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia oferta 5 bolsas á colexiación galega para a cota de inscrición nas Xornadas de Servizos Sociais en contextos urbanos e rurais, que terán lugar en Burgos o 20 e 21 de outubro. O evento está organizado polo Consejo General del Trabajo Social e o Colegio Oficial de Trabajo Social de Burgos.  

Baixo o título,  “Trabajo social crítico, generador de vínculos y redes relacionales comunitarias para la transformación social”, as xornadas pretenden ser un espazo de reflexión e exposición de experiencias comunitarias en intervención do traballo social en contextos rurais e urbanos. Con estas bolsas, o COTSG busca fomentar a participación da colexiación nestes eventos estatais.  

As prazas asignaranse por orde de inscrición, enviando un e-mail a grupodetraballo@traballosocial.gal O prazo estará aberto ata o 7 de setembro. Podes consultar máis información sobre as xornadas aquí https://www.jornadasserviciossociales.es/programa