O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia convoca 5 bolsas dirixidas ás persoas colexiadas para cubrir o 100% dos gastos de matrícula da II Escola de Verán do Consejo General de Trabajo Social. Esta evento celébrase os días 23, 24 e 25 de xuño en Lekaroz, Navarra, no val do Baztán.
Baixo o lema de “coidar/nos para o benestar e a calidade profesional”, esta edición da escola de verán busca reflexionar sobre a importancia de coidar dende a intervención e de coidarnos como profesionais do Traballo Social.
O contido científico da II Escola de Verán impartirase a través de obradoiros participativos, en grupos pequenos. A iso súmanse encontros e comidas nas que compartir e coñecer a outros compañeiros e compañeiras da profesión.
O programa péchase con outras actividades lúdicas e excursións ás vilas do Val do Baztán. Podes atopar máis información sobre o programa nesta web.
As colexiadas do COTSG poden solicitar unha destas bolsas cubrindo este formulario de solicitude. As bolsas asignaranse por orde de inscrición, establecéndose unha lista de espera no caso de que se producise algunha baixa.
Non é necesario realizar na matrícula na web do Consejo General de Trabajo Social, o propio COTSG encárgase de dito trámite. No caso de recibir a bolsa e aceptala, a persoa beneficiara comprométese a acudir a II Escola de Verán, salvo causas debidamente xustificadas.