O COTSG participa na elaboración do Manual para profesionais Pro.Vi (Protecting Victim´s Right) centrado na protección de vítimas de delitos
Data: Abril 19, 2024

O Cotsg vén de contribuír na elaboración dun recurso de gran valor, o Manual para profesionais Pro.Vi (Protecting Victim´s Right) centrado na protección das vítimas de delitos.

Este manual, ten por obxecto proporcionar ás e aos profesionais do sistema de xustiza penal, entre os que se atopan as e os profesionais do Traballo Social, unha visión dos avances na protección dos dereitos das vítimas no que respecta aplicación da lei, avances e prácticas innovadoras, así como orientación práctica para axudarnos nas nosas intervencións sociais coas vítimas de delitos mediante a utilización dun enfoque sensible ás vítimas. Asemade, neste manual téñense en conta todas as vítimas de delitos, incluídas as persoas adultas, crianzas e outros grupos vulnerables aos que se recoñece unha protección e dereitos específicos.

Datos a ter en conta sobre este Manual:
A transposición da Directiva 2012/29/EU aos países membros da Unión Europea manifestou a necesidade de mellorar as competencias das e dos profesionais que traballan en Europa con vítimas de delitos.
As persoas que sofren as consecuencias dun delito están expostas ao risco de sufrir victimización secundaria a causa dos procedementos e regras da xustiza penal. Isto pode ocorrer non só durante os contactos coas forzas de seguridade, nos encontros cos profesionais da avogacía e no interior do xulgado, senón que tamén se poden derivar da duración das actuacións penais, que poden non dar resposta ao delito ata anos despois de que este tivera lugar.
As vítimas deben ser informadas dos seus dereitos dende o principio, ademais de todas as fases do procedemento. As e os profesionais que traballan con elas, incluídos os profesionais do Traballo Social, deben coñecer os dereitos que establece a Directiva e ser capaces de proporcionarlle a información e apoio social adecuado.
¿Qué precisan as vítimas?
– Escoita activa. A experiencia de victimización soe xerar unha sensación de ira que pode ir acompañada de medo e ansiedade. Este apoio debe ser empático, respectuoso e sensible, permitindo que a persoa se exprese con total liberdade.

– Orientación. Información dos servizos que poden responder as súas necesidades e acompañamento polo tránsito dentro do sistema de xustiza.

– Asistencia y protección: unha vez posta a denuncia, as vítimas deben sentir que o seu sufrimento no se minimiza, cunha atención constante que asegure que a súa dignidade é recoñecida.

Aquí podedes descargar o manual en pdf: