- Na categoría de boas prácticas, prémiase o traballo de Patricia González Vidal, “Anhelos: Exposición fotográfica sobre a deconstrucción da masculinidade tradicional”.
- Na categoría de investigación, prémiase o proxecto “Traballo Social e educación afectivo-sexual en Galicia: unha análise dos materiais elaborados polos centros de información e asesoramento para o alumnado de educación secundaria” de Lucía Carballeira Vieites e Ana Sánchez Bello.
- Na categoría TFG/TFM, prémiase o traballo “A mellora da satisfacción laboral en profesionais de centros de día: Unha proposta de intervención”, por Susana Seoane Veiras.
Dende o COTSG felicítase ás persoas premiadas, así como a aquelas que enviaron os seus proxectos a este certame. Asemade, esténdese o agradecemento ás persoas que participaron como membros do xurado. A resolución completa está dispoñible aquí.
Os premios entregaranse este 18 de marzo de 2024, no acto que organiza o COTSG polo Día Mundial do Traballo Social 2024.