O COTSG abre o prazo para escoller a modalidade de pagamento da cota colexial 2024
Data: Novembro 24, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social abre o prazo para escoller a modalidade de pagamento da cota colexial 2024. Neste sentido, o COTSG recorda que a colexiación é obrigatoria para exercer a profesión do Traballo Social.

As persoas colexiadas poden acceder á súa área privada na web do COTSG para comprobar e actualizar os seus datos persoais, laborais e bancarios. É esencial contar con esta información actualizada, especialmente os datos bancarios, xa que no caso de que un recibo sexa devolto por causas alleas ao COTSG, as comisións da devolución repercutiranse sobre a persoa colexiada.

Modalidades de pago

Na área privada, tras verificar os seus datos, as persoas colexiadas poderán escoller a modalidade de pago de cota colexial que desexan:

  • Modalidade pronto pago: será un único pago anual de 135 euros ou 67,50 euros se se trata dunha cota reducida, en marzo.
  • Modalidade anual: será un único pago anual de 150 euros en xuño, non se aceptan cotas reducidas nesta modalidade.
  • Modalidade semestral: serán dous pagos de 75 euros ou 37,50 euros se se trata dunha cota reducida, en xuño e en decembro.

Cota reducida

Estes son os supostos contemplados para a cota reducida: en desemprego, bolseiras/os, cunha xornada laboral ou inferior a 20 horas/semanais, nun posto inferior á categoría 2 – titulada/o universitaria/o medio ou persoas colexiadas que realicen actividade por conta propia no seu 1º ano de alta como autónoma/o.

As cotas reducidas solicitaranse e acreditaranse de acordo ao seguinte esquema:

  • Se solicitou modalidade pronto pago en xaneiro, de seguido deberá acreditar coa documentación correspondente que se atopa nalgún suposto de cota reducida.
  • Se solicitou modalidade de pago semestral, deberá solicitar e xustificar a cota reducida coa documentación correspondente en maio e novembro. Será responsabilidade da persoa colexiada acceder á área privada para achegar a documentación en tempo e forma.

As persoas que integran a Xunta de Goberno, as Comisións Deontolóxicas ou a Mesa de Redacción da Revista Fervenzas teñen un 10% de desconto na súa cota colexial pola súa colaboración co COTSG.

Accede á área privada

Podes acceder á área privada neste link. Os teus datos de acceso son o nº de colexiada/o (colex000, colex + o teu nº) e o contrasinal é o teu DNI, con ou sen letra, proba ambas formas.

Se tramitas a túa alta de colexiación a partir deste momento, os importes prorratearanse en función da data de alta e por defecto estarás na modalidade de pago semestral. Poderás solicitar e acreditar a túa cota reducida en maio e novembro, igual que o resto de persoas colexiadas. No caso de tramitar a túa colexiación antes do 20 de febreiro, data límite para escoller a modalidade de pago, poderás optar por outra modalidade, como o pronto pago ou o anual.