O Consello Xeral, a través do Grupo Estatal de Intervención en Emergencias Sociales (GEIES) en colaboración co Col.legi Oficial de Treball Social de Valéncia, realizou un importante traballo durante a emerxencia provocada pola DINA acontecida en outubro en varias zonas do sur da península, despregando a traballadoras sociais expertas en emerxencia social nos territorios afectados.
Coa experiencia desta intervención, o Consejo General del Trabajo Social recibiu o pasado 10 de marzo de 2025 a resolución por parte da Dirección General de Diversidad Familiar y Servicios Sociales, dunha subvención para un proxecto denominado “El Trabajo Social acompaña procesos vitales desde los cimientos”. Este proxecto supón o reforzo da intervención social en emerxencias sociais nos municipios afectados pola DINA.
Este proxecto realizarase nos tres territorios afectados e articularase a partir das seguintes liñas de actuación:
- Contratación de profesionais para a intervención social no terreo.
2. Elaboración de protocolos e procedementos de intervención en emerxencias.
3. Capacitación de profesionais en emerxencias sociais.
Este paso é un recoñecemento moi importante para o Traballo Social no ámbito das emerxencias sociais, xa que pon de manifesto a relevancia da dimensión social, así como do acompañamento e a intervención social cando ocorre unha catástrofe.