O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia alerta sobre o colapso estrutural nos equipos IMELGA coa chegada da Lei 8/2021 de apoios as persoas con discapacidade
Data: Abril 19, 2024
Autor: COTSG

O Director Xeral de Xustiza, José Tronchoni, asegurou na pasada Comisión Institucional de Administración Xeral, Xustiza e Interior, que só hai un “atasco puntual” nos equipos do Instituto de Medina Legal (IMELGA).
O Colexio de Traballo Social de Galicia quere subliñar que non se trata dun “atasco puntual”, senón que estamos ante un colapso dos equipos dun carácter estrutural, que está saturando non só ao IMELGA, senón aos Servizos Sociais comunitarios.
A Xunta de Goberno alerta unha vez máis: “Débese apostar sempre en primeira instancia polo reforzo de persoal, e en definitiva, pola procura de formulas que melloren a calidade dos servizos públicos, que ademais aseguren unha boa saúde profesional e unha atención digna para a cidadanía”.