O Colexio de Traballo Social reúnese coa Dirección Xeral de Inclusión social para trasladar as achegas e inquedanzas desde a profesión cara un modelo forte e estable, subliñando ambas entidades a profesionalidade e esforzo das e dos profesionais do Traballo social ante un sistema sobrecargado.
As dúas liñas tratadas foron, por unha banda, analizar os avances da reforma da Lei de Inclusión Social de Galicia, e por outra, diferentes propostas de mellora do Sistema Galego de Servizos Sociais, ademais de:
👉🏽 A debilidade estrutural de todos os sistemas sociais de protección deseñados (dependencia, menores, vivenda, saúde mental, etc.), así como a ausencia de políticas públicas que lles dean resposta.
👉🏽 Exceso de burocratización perdendo a proximidade da persoa usuaria. Respetar o noso espazo de intervención
👉🏽 Necesidade urxente de reforzo das e dos profesionais do Traballo Social
👉🏽 Enfoque distorsionado da nosa práctica profesional, orientada cara a xestión inmediata e provisión de recursos, e non tanto cara á intervención social, a interacción con persoas e o Traballo con e para a comunidade
👉🏽 Compromiso de ambas entidades en colaborar para a formulación do novo decreto de Inclusión que se adapte á realidade real.
Para acceder a nova completa da Xunta, pulsa aquí