O Colexio de Traballo Social de Galicia denuncia e lamenta a exclusión inxustificada do Traballo social na Comisión de garantía e avaliación da Lei de Eutanasia
Data: Novembro 27, 2024

Logo da entrada en vigor, o pasado venres 25 de xuño, da Lei Orgánica 3/2021 de Regulación da Eutanasia, o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia reivindicou en repetidas ocasións os coñecementos do perfil profesional do Traballo social para pór en consideración as circunstancias sociais e sociosanitarias de cada solicitude.

En dita lei, contemplase a creación dunha Comisión en cada comunidade autónoma, deixando  a decisión da  súa configuración en mans de cada comunidade. Finalmente, e despois dunha loita activa por parte do COTSG, en Galicia decidiuse de maneira inxustificada excluir a figura do Traballo Social da Comisión. 

Accede a información completa aquí:  Comunicado sobre a Comisión de eutanasia en Galicia