O Colexio de Traballo Social acusa á Xunta de Galicia de desprotexer ao persoal do Traballo Social e ás persoas usuarias dos servizos sociais ao excluílos do proceso de vacinación
Data: Novembro 27, 2024
O Colexio de Traballo Social acusa á Xunta de Galicia de desprotexer ao persoal do Traballo Social e ás persoas usuarias dos servizos sociais ao excluílos do proceso de vacinación
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia ten reclamado en reiteradas ocasións a urxencia e a necesidade de proceder á vacinación do persoal do Traballo Social que exerce as súas funcións nos servizos sociais, sanitarios e sociosanitarios.
Faino con base na Orde SND/295/2020 de marzo de 2020, que recoñece os servizos sociais como esenciais, e na Lei 13/2008 de Servizos Sociais de Galicia que sitúa o Traballo Social como profesional de referencia dos Servizos Sociais.
A Xunta de Galicia, porén, responde ás reclamacións do Colexio profesional negando a categoría de persoal esencial ao conxunto de traballadoras e traballadores sociais dos servizos sociais. Esta resposta da Xunta de Galicia é irresponsable, inxusta e carece de calquera tipo de xustificación legal.
O COTSG volve lembrarlle á Xunta que o persoal de Traballo Social leva a cabo un traballo de intervención en contacto estreito coas persoas usuarias e a súa contorna, en espazos habitualmente pechados, onde a transmisión do coronavirus SARS- COV-2 resulta moito máis doada. O Traballo Social amósase así como un sector desprotexido e que reforza, involuntariamente, a desprotección das persoas usuarias ante a pandemia de COVID-19.
O Colexio reitera á Xunta de Galicia a necesidade de proceder á vacinación inmediata de todas as traballadoras e traballadores Sociais que exercen nos servizos sociais, sanitarios e sociosanitarios, como noutras comunidades autónomas que teñen procedido á vacinación destes colectivos en colaboración cos propios colexios profesionais.
O Colexio de Traballo Social de Galicia reclama igualmente, do Ministerio de Sanidade, que amplíe os supostos comprendidos no grupo 6 da última actualización da ‘Estratexia de vacinación fronte a COVID-19 en España’, incluíndo as persoas usuarias e o persoal de todos aqueles centros e entidades que prestan calquera dos servizos que recolle o Catálogo de Referencia aprobado polo Acordo do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención da Dependencia en xaneiro de 2013.
Podes descargar aquí a última solicitude do COTSG e aquí a resposta da Xunta.
Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) infórmalle que este Sitio Web utiliza cookies propias e de terceiros que axudan a optimizar a súa visita. Se continúa navegando por este Sitio Web, consideramos que acepta o seu uso
Este sitio web emprega cookies para mellorar a súa experiencia mentras navega polo sitio web. Fóra destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a anilizar e comprender cómo se emprega este sitio web. Estas cookies almacenaranse no seu navegador solo co seu consentimento. Tamén ten a opción e optar por non recibir estas cookies. Pero a exclusión voluntaria de algunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Estas cookies garanten funcionalidades básicas e características de seguridade do sitio web, de forma anónima.
Cookie
Duración
Descrición
_GRECAPTCHA
5 meses 27 días
Google establece esta cookie. Ademáis de certas cookies estándar de Google, reCAPTCHA establece unha cookie necesaria (_GRECAPTCHA) cando se executa co propósito de proporcionar o seu análisis de risco.
As cookies publicitarias empréganse para proporcionar aos visitantes anuncios e campañas de marketing relevantes. Estas cookies rastrexan aos visitantes nos sitios web e recopilan información para proporcionar anuncios personalizados.
Cookie
Duración
Descrición
IDE
1 ano 24 días
Utilizado por Google DoubleClick e almacena información sobre cómo o usuario utiliza o sitio web e cualquera outro anuncio antes de visitar o sitio web. Utilízase para presentar aos usuarios anuncios que son relevantes para eles de acordo co perfil do usuario.
NID
6 meses
Esta cookie utilízase para crear un perfil en función do interés do usuario e mostrar anuncios personalizados aos usuarios.
test_cookie
15 minutos
Esta cookie establécea doubleclick.net. O propósito da cookie é determinar se o navegador do usuario admite cookies.
VISITOR_INFO1_LIVE
5 meses 27 días
Youtube establece esta cookie. Utilízase para rastrear a información dos videos de YouTube incrustados nun sitio web.
As cookies de rendemento empréganse para comprender e analizar os índices de rendemento clave do sitio web, o que axuda a dar unha mellor experiencia de usuario aos visitantes.
Cookie
Duración
Descrición
YSC
sesión
Estas cookies son establecidas por Youtube e empréganse para rastrexar as vistas de videos incrustados.