O presente artigo céntrase no proceso de ensino aprendizaxe sobre o autocuidado en traballo social xa que se considera vital para o bo desenvolvemento do exercicio profesional e polo tanto para os usuarios de servizos de atención social. Abórdase desde unha mirada transversal do autocuidado e mediante un achegamento ás experiencias e opinións de alumnos e profesores. En primeiro lugar, indagamos a percepción dos riscos que pode ter a práctica profesional. Despois analizamos de maneira xeral as necesidades que teñen estudantes e profesorado sobre o coidarse a si mesmos e en particular aquelas necesidades vinculadas ao proceso de ensino aprendizaxe do autocuidado. E, por último, co obxectivo de mellorar e completar os procesos de ensino aprendizaxe, baseadas nos discursos dos participantes deste estudo, presentamos reflexións e propostas para introducir de maneira programática e innovadora nos contidos vinculados ao autocuidado nos estudantes.
Autoría: Carmina Puig Cruells e Clauida María Anleu Hernández, Universidade Rovira y Virgili