Este novo servizo ten como obxectivo poñer en contacto ás persoas colexiadas que queiran facer permutas do seus posto de traballo. O funcionamento será o seguinte:
- As persoas interesadas en permutar dirixiranse ao COTSG enviando unha solicitude mediante o formulario que se facilita neste servizo. Este conterá os datos necesarios para identificarse e os correspondentes ao posto de traballo que permitan valorar a posibilidade de permuta para as persoas destinatarias.
- Os datos que se farán públicos son unicamente os do posto de traballo, sen incluír datos persoais. O único dato de identificación que se publicara será o número de colexiación.
- Se algún colexiado ou colexiada ten interese na oferta anunciada enviara un mail ao enderezo electrónico info@traballosocial.gal e os seus datos de identificación e de contacto seranlle facilitados a persoa que publicou a oferta.
- O proceso entre as dúas persoas é privado e desenvolverano entre elas.
Na pestaña de Permutas, no apartado de servizos na paxina do COTSG, esta recollida unha normativa básica que regula este sistema de movilidade de laboral na administración.

