O numero 27 da Revista Galega de Traballo Social Fervenzas esta á vosa disposición no enlace FERVENZAS 27 ou indo ó apartado da área científica desta páxina web.
Nela poderedes atopar os seguintes artigos:
- O tabú da sexualidade na muller maior: unha investigación cualitativa
Santiago Aller García
- Non hai Traballo Social se non hai planeta
Marta Pernas Rodríguez
- O Traballo Social no sistema educativo vasco, unha aposta social e política
Edurne Aranguren Vigo e Kristina Jausoro Alzola
- O Traballo Social en educación, unha aposta de futuro: Decálogo da intervención profesional
Laura Zapata Criado e Ana María Vilar Varela
- Saúde Mental, malestar social e capitalismo tardío: Achegas para o Traballo Social
Antía González Devesa
- Aproximación ao servizo de rehabilitación do hospital Meixoeiro no Chuvi. Perfil dos pacientes e intervención dende o servizo de Traballo Social Sanitario.
Alejandro Guerra Rivas
Os traballos premiados no día mundial do Traballo Social 2024:
- Modalidade Boas Prácticas Anhelos:
Exposición fotográfica sobre a deconstrución da masculinidade tradicional
Patricia Vidal González Ana de la Torre Alvaredo
- Modalidade Investigación:
Traballo Social e educación afectivo-sexual en Galicia: Unha análise dos materiais elaborados polos centros de información e asesoramento para o alumnado de educación secundaria Lucía Carballeira Vieites Ana Sánchez Bello
- Modalidade TFG/TFM :
A mellora da satisfacción laboral en profesionais en centros de día: Unha proposta de intervención
Susana Seoane Veiras
E as seccións En Rede, a recensión da publicación “para que servimos as traballadoras sociais?”, fichas de investigación social, espazo aberto, e unha interesante entrevista con Ana Pardo, presidenta de EAPN Galicia.