Novo número da Revista Fervenzas de Traballo Social
Data: Xaneiro 21, 2026

📘 Xa está publicada a nova edición de Fervenzas. Revista Galega de Traballo Social

Como cada ano, temos o pracer de anunciar a publicación do nº 28 de Fervenzas, a revista galega de referencia no ámbito do Traballo Social.

Este novo número recolle achegas, reflexións e experiencias profesionais que convidan a pensar criticamente, compartir coñecemento e seguir fortalecendo a práctica do Traballo Social desde unha perspectiva comprometida coa realidade social.

👉 Fervenzas nº 28 é unha oportunidade para:

  • Afondar en temas de actualidade,
  • Coñecer investigacións e intervencións relevantes
  • Manter vivo o debate profesional.

📖 Convidámoste a lela, compartila e facela túa. Podes consultala no seu formato online na páxina https://fervenzas.traballosocial.gal/