O Consello da Xunta aprobou o Plan Estratéxico de Saúde Mental de Galicia 2026-2030, que conta cun orzamento de 177 millóns de euros e prevé a incorporación de 357 novos profesionais á rede sanitaria pública.
Dentro desta planificación de recursos humanos, o Servizo Galego de Saúde inclúe a creación de 29 novas prazas de Traballo Social, que se sumarán aos equipos multidisciplinares de saúde mental xunto con especialistas en psiquiatría, psicoloxía clínica, enfermaría especializada, terapia ocupacional e persoal auxiliar.
O plan contempla tamén actuacións no ámbito comunitario, programas específicos para a infancia e a vellez, e un incremento de fondos para prazas en residencias especializadas e vivendas protexidas.
Cabe destacar que o pasado xuño o COTSG presentou as achegas para dito plan

