NON ao discurso de odio
Data: Novembro 27, 2024
O Código Deontolóxico do Traballo Social establece no seu artigo 7 que se fundamenta sobre os valores indivisibles e universais da dignidade humana, a liberdade e a igualdade tal e como se contemplan na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
👉É tarefa, xa que logo, do colectivo profesional do Traballo Social e do Colexio Oficial de Traballo Social como o seu representante en Galicia rexeitar e sinalar aquelas declaracións ou manifestacións públicas que vulneren eses principios fundamentais.
👉O COTSG esixe que os colectivos vulnerables ou en risco de exclusión non sexan criminalizados e utilizados politicamente para o desenvolvemento e difusión de discursos de odio.
👉O COTSG reclama a todas as institucions públicas e organizacións políticas un compromiso real para a defensa e protección dos dereitos fundamentais de todas as persoas.