“Nada sobre nos, sen nos” lema do día internacional das persoas con discapacidade
Data: Decembro 21, 2024

O día 3 de decembro de cada ano, celebramos o día internacional das persoas con discapacidade. Para o ano 2024 a ONU escolleu como lema ” Nada sobre nos, sen nos” para fixar a atención da necesidade de fomentar a participación e o liderado entre as persoas con discapacidade para fomentar un futuro mais inclusivo e sostible. Podedes ver o documento neste ENLACE 

Por outra banda o  no noso pais, o CERMI publicou un manifesto con motivo deste día internacional das persoas con discapacidade centrado nas demandas derivadas da nosa realidade. No texto destaca a necesidade de facilitar o acceso á vivenda digna, adecuada e accesible como paso previo que permita o dereito fundamental da vida independente para este colectivo. Podes ver o documento completo neste ENLACE