🏠O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia participou na Mesa Sectorial de Vivenda do Concello de Santiago, un espazo de diálogo necesario para avanzar na regulación dos alugueiros e na defensa do dereito a unha vivenda digna.
🚨A situación da vivenda no conxunto do Estado é cada vez máis preocupante: prezos en aumento, alugueres inaccesibles e unha crecente dificultade para acceder ou manter unha vivenda, especialmente para as persoas e familias máis vulnerables.
🚨Esta realidade evidencia a falta de políticas públicas estruturais que poñan a vida no centro e garantan a protección social fronte á especulación.
A vivenda non pode ser un privilexio: é un dereito básico que require compromiso político, investimento público e unha mirada social. Dende o Traballo Social defendemos unha vivenda xusta, accesible e digna para todas as persoas.

