O Consello Xeral do Traballo Social publica en nome de toda a profesión este manifesta no que reclama ás administracións públicas no seu conxunto que se tomen medidas urxentes que garantan o dereito a unha vivenda digna sen deixar fora a ningunha persoa.
O Traballo social é unha disciplina e unha profesión indisoluble dos dereitos humanos, e comprometida na súa defensa e promoción, polo que non pode quedar calada ante a desprotección do dereito da cidadanía a dispoñer dun recurso habitacional adaptado as necesidades das persoas e das familias en condicións que permitan a integración social.
Faise mención neste documento da función das e dos profesionais do Traballo Social na xestións dos servizos e da implementación das políticas que permitan un acceso real a este dereito, que ademais de ser básico esta recollido na Constitución Española.